Abraham Rubín

Abraham Rubín (Ourense, 1978) é Doutor en Filosofía pola UNED, docente e investigador independente. Publicou en galego os ensaios Da revolta italiana á potencia da multitude (Estaleiro Editora, 2010), Entre posmodernidade e utopía (Estaleiro Editora, 2011) e Acontecemento e desexo (Proxecto Derriba Eds., 2012), todos baixo o pseudónimo Sören Hauser e dedicados ao pensamento de Antonio Negri, Fredric Jameson e Gilles Deleuze, respectivamente. En castelán publicou a obra El transcurso del acontecimiento (Lima, UNAS, 2014).

Participa no Programa “Filosofía nas Bibliotecas” 2016 coa conferencia “Com-partir a fractura. Reflexións sobre a construción de comunidades”.

Publicado en Euseino? Editores
Corpo-circuítos – Máquinas de subxectivación [col. Casabranca 6]

En euseino.org
“Subxectivación bioeconómica e colonización do corpo”, en “As conferencias da Sorbona. Corpos, propiedade e subxectivación”, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 8, abril de 2015.

Alteracións correlativas. Sobre o suxeito moderno, a ficción científica e a alteridade radical, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 20, maio de 2020.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s