Proximamente, en Euseino? Social

  • Encontro arredor da novela
    Reserva natural, de Álex Mene

    17 de xuño, mércores, ás 19,30 horas, na sede da Fundación Euseino?,
    Rúa de México 37, Vigo.

    O autor ha estar na compaña do crítico literario Anxo Rajó e da editora Belén López Vázquez.

    Entrada libre

    Aos seis meses de iniciar a súa relación, Abel proponlle a Aroa facer unha viaxe ás montañas que se estenden pola fronteira entre Galicia e León para visitar uns amigos. O que ela non sabe é que está a comezar un traxecto iniciático cara ao salvaxe. Aroa irá descubrindo o pasado de Abel e dos seus amigos, pero cando todas as pezas cadren xa vai ser tarde de máis. Quizais na Reserva Natural atope a resposta.

    Baía Edicións

    94 páxs., 16 euros

    Ao dispor das persoas lectoras exemplares do libro para compra e para consulta.