Conferencia de Brais Arribas

Na Biblioteca Ánxel Casal (Santiago de Compostela)

Conferencia de Brais Arribas

O próximo día 20 de outubroás 19,30 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, o filósofo Brais Arribas ha dar unha conferencia dentro do ciclo Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino? en colaboración con bibliotecas públicas galegas. O autor de “Ontoloxía hoxe? (Somos unha conversa)” vai falar de:

Deixar ser a diferenza: a potencia política da identidade feble

“A función da filosofía é actuar no presente. A filosofía axuda a descubrir onde se agachan eses principios e eses valores que permiten a lexitimidade e a reprodución representadas polas identidades dominantes. Por iso, como alternativa á noción de suxeito propia da tradición liberal, o autor desta conferencia propón outro tipo de suxeito: despotenciado, que proporcione un modelo de comunidade, de política e de democracia máis habitable e respectuoso coa diferenza (cos diferentes). Porque é imprescindible desenvolver unha crítica consistente do sistema socioeconómico actual. A filosofía axuda a descubrir onde se agochan eses principios e eses valores que permiten a lexitimidade e a reprodución representadas polas identidades dominantes.”

Máis información na web da Biblioteca Ánxel Casal.

 

ingres-edipo-e-a-esfinxe-pormenor