Conferencia de Lucía Castro

Na Biblioteca do Fórum Metropolitano (A Coruña)

Conferencia de Lucía Castro

O próximo día 19 de outubroás 19 horas na Biblioteca do Fórum Metropolitano da Coruña, a filósofa Lucía Castro ha dar unha conferencia dentro do ciclo Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino? en colaboración con bibliotecas públicas galegas. A autora de “É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade” vai falar de:

Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda

“Propiedade e débeda son dous conceptos afianzados no imaxinario colectivo que median dunha maneira determinante nas nosas relacións co que nos rodea. É tal o poder que lles outorgamos para facermos intelixible o mundo que dificilmente se abren fendas que poñan en cuestión a súa hexemonía. Atendendo ás tentativas filosóficas que veñen explorando esas fendas, trataremos de visibilizar outros xeitos de relacionármonos que sobreviven ás lóxicas dominantes. O común é o termo co que saen á luz esas experiencias, vellas e novas, e a través do cal se pretende, desde diferentes eidos da sociedade, ir construíndo unha alternativa vital.”

Máis información na web do Fórum Metropolitano.

 

mary-pickford-hartsook-photo-pormenor