Richard Doyle

Richard Doyle (1824 – 1883) foi un ilustrador inglés sobranceiro na época victoriana. A súa obra apareceu, entre outras publicacións, no Punch Magazine. Ilustrou o seu primeiro libro, titulado Home for the Holidays, cando tiña doce anos e  durante toda a súa vida sentiu fascinación polos contos de fadas.

En 1846, Doyle ilustrou The Fairy Ring, unha nova traducción dos contos de Grimm. Posteriormente, en 1849 ilustrou Fairy Tales from All Nations (recompilado por  Anthony R. Montalba) que tivo grande éxito. Tamén explorou a mitoloxía das fadas con ilustracións de elfos e outras míticas criaturas. A súa obra mestra foi indubidablemente In Fairyland, a series of Pictures from the Elf World foi descrita como un dos mellores exemplos dos libros ilustrados da época victoriana. A partir das ilustracións deste libro, Andrew Lang escribiu A princesa Ninguén en 1884.

640px-Richard_Doyle,_illustration_from_In_Fairyland,_1870

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s