Lica

Escrito e ilustrado por Beatriz Fragaa historia deste álbum está contada a través dos círculos, triángulos, rectas e curvas que dan forma á personaxe protagonista. Páxina a páxina, nun xogo con quen le, Lica xorde á vida a través da combinación das figuras. As ilustracións están inspiradas na arte abstracta para salientar as cores, as liñas e os puntos nunha composición dinámica co mesmo senso lúdico e táctil dos móbiles do escultor Alexander Calder. Coma nunha adiviña feita de imaxes, o libro convida a descubrir formas que recrean o mundo a través dos seus elementos básicos.

Con sinxeleza de páxina e recursos textuais directos, axuda a afastarse dos estereotipos asociados ás cores para observar dunha maneira diferente o que nos rodea. A autora sérvese da sorpresa e a admiración perante a arte para provocar a reflexión, estimular o pensamento e o pracer dos sentidos.

[Véxase o artigo “Unha adiviña feita de imaxes”.]

Para todas as idades, incluídos os primeiros lectores.

ISBN 978-84-945621-5-0
Col. Rúa do Lagarto 2
Serie Onocrótalo
1ª edición, 1ª impresión: decembro de 2017
1ª edición, 2ª impresión: abril de 2018

280 x 200 mm
Tapa dura
44 páxs. Impreso en cor
PVP 15 euros [14,42 + 4% IVE]

Mercar
Na internet
Na librería

 


“Aquí chega Lica”

Vídeo de animación realizado por Xosé Ramón Bernárdez.

 

A opinión da crítica

María Navarro en Faro da Cultura, xoves, 10 de maio, 2018, páx. VI.

“O texto breve e en cores resalta sobre un fondo negro que capta dende o comezo a atención de quen se achega ao volume coa intención de descubrir unha historia […]. Tamén apela á sensualidade e á elegancia como formas de crear e expresar pensamentos e ideas […].”

“O círculo ofrece a redondez precisa para delimitar un universo que a idades temperás soe ser reducido fisicamente pero quizais moi extenso na imaxinación e que en calquera caso convén ir ampliando pouco a pouco para dar cabida a coñecementos, experiencias, vivencias que han de forxar a personalidade e o carácter dos destinatarios deste libro que Beatriz Fraga […] para amosar a capacidade evocadora da palabra e dos trazos.”

“Lica xoga coa sorpresa dende o comezo. Chama á porta, anuncia a súa chegada e establece un diálogo visual e verbal co lector propoñéndolle unha sorte de enigmas que convidan a pensar e reflexionar, a investigar e aventurar respostas que se revelan marabillosas por inesperadas.”

 

A opinión dos lectores

Trafegando Ronseis, “Lica”, 13 de xullo de 2018:

“Encantoume esta proposta de álbum ilustrado: Lica de Beatriz Fraga está publicado por Euseino? Editores. A orixinalidade é total: é unha historia contada con figuras xeométricas e cores básicas. Realmente, é un pracer para os sentidos pasar cada páxina e sorprenderse con cada nova forma proposta, unha forma que convida a descubrir figuras fuxindo de estereotipos. Un xeito de achegar ao lectorado máis novo a arte contemporánea, a linguaxe artística. Un pracer descubrir quen é a protagonista final a base de emocións visuais e tamén, claro está, conceptuais.”

“Día do libro, descubrindo a Lica”, en Peques no cole, 23 de abril de 2018:

“Hai unha semana que comezamos as actividades de animación á lectura co novo álbum ilustrado publicado por Beatriz Fraga, titulado Lica. A través das formas (círculos, triángulos, curvas, rectas …) nace a protagonista deste libro.”

Comentario de Manuel Justo Gil publicado en euseino.org
“Na contraportada final do libro Lica de Beatriz Fraga dise: ‘O círculo é unha das formas que simboliza o baleiro’. Para min o círculo co que traballa Beatriz Fraga en Lica (‘Adiviña feita de imaxes’) simboliza, ademais, o tempo e os ciclos da vida; coma os seres vivos, entre eles o ser humano, se vai formando, se vai faguendo, vai enchendo os baleiros non só fisicamente senón, e sobre de todo, emocionalmente, afectivamente ao longo da súa vida. Non podo deixar sen comentar unha anécdota dos meus netos Antón e Martín aos que tiven que explicar qué era eso de ‘Vou espelir’ e a Martín que xa quería saber o final ‘Que é LICA?’ e que puxo cara de asombro cando descubriu […]. Lica é unha ledicia visual, emocional e conceptual. Moitas Grazas Bea. Manuel Justo ‘O avó Manolo’.”

 

A recomendación das librerías

Lica en Numax presenta, Boletín do 7 de abril de 2018.

 

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSaveSaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave