O Rei Portador e outras historias

Cuberta sombraEscrito por Beatriz Fraga e ilustrado pola propia autora, o libro salienta a necesidade de volver a contar as historias. Cómpre non deixar que as historias queden fixadas, de aí que sexa preciso volver a contalas sen deixarse levar polo poder de permanencia da palabra escrita. Tal como facían os devanceiros, cada cal volve a contar segundo o seu xeito, o lugar e o tempo no que habita. Así dicía Platón: “Dese xeito, desde o principio volvedes ser outra vez coma nenos, sen saber nada do que, nin aquí nin entre vós, aconteceu nos tempos antigos.” (Timeo, 23b).

O enigma do rei que atravesou as columnas de Heracles; a orixe dos homes azuis, que aínda hoxe habitan no deserto, logo de intentaren acadar o firmamento; a fazaña dos guerreiros que puxeron o enxeño por riba da forza; o destino insospeitado dunha estatua xigantesca; a vida da raíña que deu nome ás estrelas.

Tal como facían os devanceiros, cadaquén volve a contar segundo o seu xeito, segundo o lugar e o tempo no que habita. Beatriz Fraga volve ás historias, aos mitos e ás lendas que trazaron o perfil da nosa civilización e que, desde o comezo dos tempos, acabaron por dar forma ao mundo.

ISBN 978-84-616-1835-4
Col. Rúa do Lagarto 1
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
74 páxs. Ilustrado en cor
PVP 7 euros

Mercar
Na internet
Na librería

A opinión da crítica literaria

Francisco Martínez Bouzas en Novenoites: “O poder das historias de sempre“:

“Beizóns para Euseino? Editores, este novo selo que debuta cun pequeno pero fermoso libro de Beatriz Fraga […] A autora reescribe estas lendas perdidas nas lañas do tempo e faino para o imaxinario literario de hoxe cunha escritura renovada, á súa maneira, empregando una prosa de gran calidade e perseveranza, que zumega lirismo e unha orixinal imaxinación.”

Ramón Nicolás en Caderno da crítica: “O Rei Portador e outras historias, de Beatriz Fraga“:

“quen se achegue a este texto [poderá] internarse por historias que latexan talvez nun recuncho poeirento da memoria, pero ás que se lle outorgan unha nova vida chea de forza e intensidade: a do rei mauritano Atlas e a súa maciñeira máxica, a dunha marabillosa torre que explica a existencia de homes e mulleres que cobren o seu rostro con turbantes de cor azul, […] ou a do fermoso e intenso relato titulado «Berenice», centrado na raíña libia de cabelos dourados.”

Xosé Manuel Eyré en Galicia confidencial: “O mito revisitado, actualidade e función”:

“[…] os humanos non seriamos o que somos sen ese continuo labor de recontar, ese permanente exercitar a memoria. Mais tampouco é o único mérito de Beatriz Fraga o recontar, o recontar ben. Porque a autora non renuncia a inserir certas doses de interpretación propia, con moita sutileza e acerto, o cal lles confire ás historias un meirande valor de actualización, de presenza na actualidade lectora. Enriquece as historias narradas […] sabe imprimirlles unha dimensión oral que as fai moi atraentes á hora de recontalas ou lelas en voz alta.”

Armando Requeixo en Criticalia: “Prosa mítica”:

“En efecto, nestas páxinas de Fraga importa tanto o detalle miúdo do que se conta coma as grandes heroicidades e proezas que se refiren, o que explica esa súa prosa de recender poético e evocación oralizada na que todo transcorre como se nun conto marabilloso estiveramos.

Seguramente a isto último (a crear esa atmosfera envolvente que aerosoliza cada historia) contribúan tamén as coloristas e delicadas ilustracións coas que a propia autora viste estes contos, evocadoras transposicións visuais dun territorio creativo que engada sen solución.”

Tabela dos libros en Criticaliaabril de 2013.

tabela-abril_2013-F

A opinión dos lectores

Antonio García Teijeiro en Versos e aloumiños:

” […] un libro escrito cunha prosa limpa, cunha cadencia ben medida, cunha linguaxe nada afectada, moi natural. […] Historias contadas con enerxía controlada, con sinxeleza, que non con simpleza, e que reforzan no lector ou lectora o gusto por ler e, mesmo, por escoitar, dada a sonoridade do estilo empregado pola autora. Si, porque eu considero, dende o punto de vista de lector, que este libro posúe tres características importantes: lese con moito agrado, ten un gran sentido da oralidade e percibes nestas lendas un discurso, en moitos momentos, completamente actual.”

3 thoughts on “O Rei Portador e outras historias

  1. Pingback: o mito, pervivencia e actualidade | ferradura en tránsito

  2. Pingback: O Rei Portador e outras historias, de Beatriz Fraga | Caderno da crítica

  3. Pingback: Prosa mítica | Criticalia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s