A orde dos obxectos

ISBN 978-84-121580-4-5

Col. Casabranca 10
1ª edición, 1ª impresión: marzo de 2021

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
126 páxs.
PVP 12 euros [11,50 + 4% IVE]


Mercar

A orde dos obxectos – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

13,90 €


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


A inclusión dos principios de ordenación no fluxo da existencia esixe revisar a premisa da separación e simplicidade do dado na realidade. Pois cando se parte dunha multiplicidade disxunta, cómpre buscar os principios de unidade noutro lugar.

Neste libro, a orde enténdese dun xeito dinámico, recuperándose así o senso primario do devir e da tempora­lidade. Seguindo a filosofía de Whitehead, Mario Losada estuda e analiza a emerxencia dos modos de ordenar o mundo. Os obxectos e as súas relacións pódense estabilizar, estender e decaer. A realidade concíbese como un proceso rítmico.

No tempo, o pasado acumulado é unha multiplicidade das entidades xa realizadas que se sintetiza nun proceso polo que devén unha unidade de experiencia. ¿Como se articula o devir? Na apropiación subxectiva de todo o pasado como obxecto.

O universo da obra excepcional de A. N. Whitehead desprégase nestas páxinas, ás que cómpre achegarse coma quen contempla por primeira vez a realidade.


Índice: 9, Introdución — 17, Cap. 1. Cousas e obxectos – Formas de ordenación – 22, A dedución da substancia en Hume – 29, Materialismo — 33, Cap. 2. Eventos e obxectos – 33, Separación de eventos e obxectos – 37, Obxectos eternos e obxectos persistentes – 39, Whitehead e Meillassoux – 42, A textura da experiencia – 45, A teoría epocal do tempo – 49, A pluralidade dos mundos e a inmanencia do pasado — 53, Cap. 3. Experiencia, tempo e causalidade – 53, Intuición do paso do tempo – 58, Causación e percepción – 61, A presentación dos obxectos – 64, O devir da percepción – 68, Sentir é devir – 72, Xénese da forma “substancia-atributo” — 77, Cap. 4. A ordenación dos obxectos – 77, Orde en xeral e orde da natureza – 80, Estruturas, vida e consciencia – 83, A duplicidade da orde – 88, As razóns da orde – 91, O fundamento atemporal da orde – 93, O órgano da novidade — 97, Final. O proceso de ordenación como sentir ­abstractivo — 107, Vocabulario de Whitehead — 113 Bibliografía


A opinión da crítica