Programación de Euseino? Social 2022
Continúan as actividades de 2022 en Euseino? Social cunha videoconferencia de Genaro da Silva, o coloquio arredor do libro Ensaio sobre o poema e o mar da morte, de Antón Blanco Casás e un encontro entre Oriana Méndez e Chus Pato dentro da programación do Gabinete de Poesía. Ademais da presentación do poemario Alianza, de Luís Valle, publicado por Edicións Barbantesa.
Proximamente
Presentación de Alianza, de Luís Valle
20 de abril, mércores, ás 19,30 horas, sede da Fundación Euseino? R/ México 37 baixo, Vigo.
Acompaña ao autor, o poeta e filósofo Carlos Lema.
Poemario publicado por Edicións Barbantesa.
Entrada libre.
Gabinete de Poesía
O poema: xenealoxía de metáforas
Coloquio arredor do libro Ensaio sobre o poema e o mar da morte, de Antón Blanco Casás.
Coa intervención de Laura Calvo, ensaísta e investigadora en Historia da Arte, do editor e filósofo Carlos Lema, e do autor.
Exploraranse as lóxicas do poema a través dunha xenealoxía de metáforas que o explican como un dispositivo transhistórico e místico.
21 de abril, xoves, ás 19,30 horas, sede da Fundación Euseino? R/ México 37 baixo, Vigo.
Reserva de praza con achega de 3, 5 ou 10 euros. Ou acceso libre sen reserva de praza.
Gabinete de Poesía
Pensar a poesía dende a ciencia
Curso en liña a cargo de Genaro da Silva
30 de abril e 7 de maio, sábado, de 11,30 a 13, 30 horas.
Curso en liña “Pensar a poesía dende a ciencia” a cargo de Genaro da Silva, poeta e doutor en biodiversidade e ecosistemas. Realizado por videoconferencia en 2 sesións de 2 horas. Matrícula en achega única de 15 euros.
O pensamento científico e o pensamento poético acostuman suporse máis afastados do que realmente poderían estar. Nas dúas sesión das que ha constar este curso, procurarase pensar o proceso de escritura desde ideas matemáticas e biolóxicas: da etoloxía á neuroloxía, pasando polo caos e a entropía. Para abrir posibilidades á hora de realizar o proceso de produción e recepción poética.
Gabinete de Poesía. Urania nº 2
Chus Pato dialoga con Oriana Méndez
Arredor do poemario “Interna”.
5 de maio, xoves, ás 19,30 horas, sede da Fundación Euseino? R/ México 37 baixo, Vigo.
Reserva de praza con achega de 3, 5 ou 10 euros. Ou acceso libre sen reserva de praza.