Mondas

Os debuxos naturais do pintor Din Matamoro son o motivo deste libro. Compostos con restos de alimentos —tona de froita, cascas de legumes, peles de cebola—, dese refugallo sen valor artístico aparente xorde inadvertidamente, coa axuda de quen os contempla, a forma de algo recoñecible, engaiolador e real.

A esas figuras familiares, coas que a imaxinación pode xogar dunha maneira creativa e dinámica, María Infantes engádelles un conto rimado no que a asociación de ideas e a sonoridade das verbas fai espertar situacións inesperadas.

Coma na arte povera, os materiais primarios, triviais e supostamente alleos á beleza, recuperan a enerxía, o pracer e a ilusión converténdose en personaxes. Escapan da bolsa do lixo, exploran o chan da cociña, albiscan horizontes e paisaxes, transfórmanse. O que queda do que noutrora foi gorentoso e sabedor ten agora unha vida nova grazas á arte das formas e á forza lúdica das palabras.

Para todas as idades, incluídos os primeiros lectores.


ISBN 978-84-945621-8-1

Col. Rúa do Lagarto 3
Serie Onocrótalo
1ª edición, 1ª impresión: marzo de 2019

280 x 200 mm
Tapa dura
44 páxs. Impreso en cor
PVP 17 euros [16,32 + 4% IVE]


Mercar

Mondas – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pagos. Gastos de envío incluídos (Galicia e Estado español): 1,86 euros (IVE incluído).

€18,86


Na internet
Na librería

 

 

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSaveSaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave