Transhumanismo – Tecnociencias e antropotecnias

ISBN 978-84-121580-5-2

Col. Casabranca 11
1ª edición, 1ª impresión: xuño de 2021
1ª edición, 2ª impresión: marzo de 2021

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
126 páxs.
PVP 12 euros [11,50 + 4% IVE]


Mercar

Transhumanismo – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

13,90 €


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


Nun contexto de reno­vada confianza nas posibilidades transformativas e optimizadoras das ciencias aplicadas, o debate arredor da natureza humana sitúase no centro do dilema ético sobre a vida, os seus límites e a posibilidade de modificala. Nun mundo seica sen Deus, ¿son os seres humanos os que deciden sobre o destino da súa propia especie?

Dun tempo a esta parte é habitual escoitar cada vez máis voces que reclaman a necesidade de que, dende a filosofía e a ética, se lle preste unha atención maior á corrente cultural e filosófica que se amosa a favor da modificación da especie humana de maneira que poida ser optimizada nas calidades que xa dispón e, incluso, con outras distintas ao facer uso dos coñecementos e das tecnoloxías: o transhumanismo.

Neste ensaio de Brais Arribas analízase esa corrente cultural e filosófica, un movemento que, malia contar con precursores na primeira metade do século XX, xorde con forza nas súas últimas décadas, dispondo hoxe dun amplo elenco de figuras no pensamento, na ciencia e na filosofía, que difunden con rigor e eficacia a súa doutrina.

Como outros pro­blemas aos que se dedica a actividade científica, non se pode resolver apelando unicamente á libre decisión desa comunidade na medida en que a suposta modificación da nosa especie traerá consigo repercusións decisivas non só no estritamente biolóxico.


Índice: 11, Introdución — 19, Cap. 1. ¿Que filosofía subxace no transhumanismo? — 53, Cap. 2. Tecnociencias e antropotecnias — 61, Cap. 3. Máquinas. O devir cibernético da humanidade — 71, Cap. 4. Bioética: os límites da investigación científica — 105, Conclusión. Entre a ilusión e o delirio. ¿Que desexa ser o ser humano? — 113, Bibliografía


A opinión da crítica

“A humanidade na era das antropotecnias”, por Miguel Vázquez Freire, en Tempos Novos, nº 298, marzo de 2022.


A propósito de Transhumanismo, por Xosé M. Eyré, en Ferradura en Tránsito II, 25 de novembro de 2021.


Tabela dos Libros en Criticalia, setembro de 2021.

https://armandorequeixo.wordpress.com/2021/09/21/tabela-dos-libros-setembro-2021/


O fin da ciencia ficción, por Mario Regueira, Sermos Galiza, num 462, 14 de agosto de 2021.


Zig Zag, TVG, 28 de setembro de 2021.

https://www.crtvg.es/informativos/brais-arribas-filosofo-o-debate-en-torno-ao-transhumanismo-non-e-se-podemos-e-se-queremos-5336399