Berenice

En Berenice, a atención concéntrase non xa sobre a renuncia heroica da raíña, senón exclusivamente sobre o tormento da paixón, que no seu infinito refinamento e perfección poético-formal manifesta con tanta maior violencia o seu poder e a súa “dignitas” ultraterrena.

… a dignidade e o sentimento de si encontran fundamento na súa vitalidade forte, na integridade da súa vida instintiva. Incluso as máis serenas figuras de mulleres, coma Berenice, Monime, Ifixenia e Esther, acadan a súa pureza, ou polo menos así semella, por un sentimento de si fortemente físico, e é sorprendente como aquí intelixencia, decoro, pudor e a feminidade máis secreta concorren nun resultado sensible.

A hipertrofia da individualidade sensible é tanto máis estraña e difícil de comprender canto as figuras non están representadas na súa unicidade mediante características particulares senón, ao contrario, son tipificadas e, en certo modo, conquistan un carácter só a través da situación dramática na que se atopan. Non soamente o seu carácter terreno senón toda a súa vida material permanece na escuridade.

Erich Auerbach, Racine e as paixóns

[Para coñecer a historia de Berenice e deitar luz sobre esa “vida material que permanece na escuridade”, as lectoras e lectores poden ler O Rei Portador e outras historias, de Beatriz Fraga, publicado por Euseino? Editores]

Unha opinión sobre “Berenice

  1. …saudar con alegria a nova entrega de Beatriz Fraga coa súa obra o Rei Portador, por partida doble : de atreverse nos tempos que corren , superficiais e economicistas, cos clásicos poñendoos de actualidade, e de prantexarse a súa reinterpretación a luz dos acontecementos actuais ,achegandoos deste xeito os lectores máis novos…cunha linguaxe áxil, directa e prometedoramente literaria en moitos momentos, que invita a profundizar nas historias contadas e que ten o mérito de deixar ao lector con ganas de máis… o que da indicios de que a autora ten un percorrido literario moi prometedor….dende a perspectiva dun modesto lector felicitar a autora e animala a continuar nesa liña na esperanza de que nos sorprendera con novas e máis ambiciosas historias …

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s