No seu blogue Criticalia, o crítico literario Armando Requeixo publica unha recensión de O Rei Portador e outras historias, o libro de relatos de Beatriz Fraga publicado por Euseino? Editores. Incluímos a seguir unha cita da recensión, que se pode ler íntegra ao calcar co cursor na palabra Criticalia.
En efecto, nestas páxinas de Fraga importa tanto o detalle miúdo do que se conta coma as grandes heroicidades e proezas que se refiren, o que explica esa súa prosa de recender poético e evocación oralizada na que todo transcorre como se nun conto marabilloso estiveramos.
Seguramente a isto último (a crear esa atmosfera envolvente que aerosoliza cada historia) contribúan tamén as coloristas e delicadas ilustracións coas que a propia autora viste estes contos, evocadoras transposicións visuais dun territorio creativo que engada sen solución.
Armando Requeixo, Criticalia