En varios xornais galegos simultaneamente e tamén no seu blogue Criticalia, o crítico literario Armando Requeixo publica unha recensión de A revolución non vai ser televisada, o libro de Rebeca Baceiredo editado recentemente por Euseino? Incluímos a seguir unhas citas da recensión, que se pode ler íntegra ao calcar co cursor na palabra Criticalia.
En Rebeca Baceiredo ten o ensaísmo galego actual unha das voces máis interesantes de entre as dadas a coñecer nos últimos tempos. […]
Toda a exposición de “A revolución non vai ser televisada” resulta dunha análise moi lúcida dos males do noso tempo e o noso mundo. A teoría sobre o ser social e a súas eivas é máis que suxestiva […]
[…] un volume que leva por título o célebre poema-canción “The Revolution Will Not Be Televised” do músico e poeta de Chicago Gil Scott-Heron e que é quen de xunguir esa esencia activista e contestataria co discurso ontoético máis actual é todo un desafío para mentes pensantes.
Armando Requeixo, Criticalia