Na Biblioteca Pública de Lugo
Conferencia de Brais Arribas
O próximo día 24 de outubro, ás 19,30 horas na Biblioteca Pública de Lugo, o filósofo Brais Arribas ha dar unha conferencia dentro do ciclo Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino? en colaboración con bibliotecas públicas galegas. O autor de “Ontoloxía hoxe? (Somos unha conversa)” vai falar de:
Deixar ser a diferenza: a potencia política da identidade feble
“A función da filosofía é actuar no presente. A filosofía axuda a descubrir onde se agachan eses principios e eses valores que permiten a lexitimidade e a reprodución representadas polas identidades dominantes. Por iso, como alternativa á noción de suxeito propia da tradición liberal, o autor desta conferencia propón outro tipo de suxeito: despotenciado, que proporcione un modelo de comunidade, de política e de democracia máis habitable e respectuoso coa diferenza (cos diferentes). Porque é imprescindible desenvolver unha crítica consistente do sistema socioeconómico actual. A filosofía axuda a descubrir onde se agochan eses principios e eses valores que permiten a lexitimidade e a reprodución representadas polas identidades dominantes.”