“Corpo-circuítos”, na Tabela dos Libros

Na Tabela dos Libros do mes de outubro, que publica o blogue Criticalia, entre os títulos seleccionados polos críticos literarios Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Montse Pena, Mario Regueira e Armando Requeixo, figura cunha mención Corpo-circuítos, de Abraham Rubín, libro que publicamos antes do verán na colección Casabranca. Inma Otero é quen recomenda este ensaio filosófico centrado na análise da produción de subxectividade.

2016_outubro_tabela