Próximas actividades

Programación de Euseino? Social 2022

Iniciamos as actividades de 2022 en Euseino? Social, na rúa de México 37 de Vigo, coa programación do Gabinete de Poesía. Nesta ligazón Localice a sede da Fundación Euseino?


  • Próximas actividades

    3 de febreiro, xoves, 19,30 horas.

    Chus Pato dialoga con Genaro da Silva arredor do poemario O pintor cego. O autor ha asinar exemplares da súa obra á venda durante o acto.

    Faga a súa reserva de praza.

    Se o desexa, pode reservar a súa praza facendo unha achega de 3, 5 ou 10 euros, ou acceder de xeito libre con preinscrición mais sen reserva de praza. As achegas hanse empregar exclusivamente para atender os gastos das participantes e do local. O acceso libre está limitado ás prazas vacantes que queden sen achega.


    Mes de marzo (datas por fixar).

    Seminario de Genaro da Silva sobre o seu libro O pintor cego. Dúas sesións de 2 horas cada unha.

    Preinscrición do 3 ao 14 de febreiro. Matrícula de 25 euros.

Publícase “O obxecto muller e o xiro ontolóxico”, de Inma Otero Varela

Na colección Casabranca, publicamos O obxecto muller e o xiro ontolóxico, unha achega de Inma Otero Varela á filosofía feminista.

cuestión de xénero é un dos interrogantes aos que a filosofía feminista intenta responder desde os seus inicios. Velaquí un libro absolutamente anovador, no que a autora elabora unha concepción teórica senlleira mediante unha argumentación limpa, firme e rigorosa.

A partir do xiro que o realismo especulativo, ou o novo realismo, deu na filosofía contemporánea, trátase de pensar unha ontoloxía na que a relación de dependencia entre suxeito e obxecto desapareza ao deixar de ser a exclusiva forma de acceder ao senso, de existir. O suxeito, desta volta a muller, é un obxecto máis do mundo, ou dos mundos, dos campos de senso. Xa non hai un senso único, unha determinación necesaria e primeira, senón que son os obxectos os que, nas súas relacións, crean campos de senso continxentes e independentes. O campo de senso de xénero é un deles. E como tal é modificable, emendable. O obxecto muller xa non é o obxecto muller-obxecto; a muller non é un corpo. Ser muller non é unha natureza, é un xeito de representación que emerxe, se inscribe e accede ao seu propio senso. Existe sen condición.

A obra de Inma Otero Varela enfróntase con cuestións coma onde ser muller?, que é o xénero como campo de senso e cales son as regras que ordenan o campo de xénero para, ao cabo, discernir claramente entre o obxecto muller-obxecto e o obxecto muller como dúas realidades diferentes ao situar o ser muller como un obxecto autónomo.

Unha concepción rigorosamente nova e orixinal sobre as cuestións fundantes do pensamento feminista.

Col. Casabranca 12
168 páxs.
PVP 15 euros [14,40 + 4% IVE]

A cuestión de xénero é un dos interrogantes aos que a filosofía feminista intenta responder desde os seus inicios. ¿Que é unha muller e que implica esta determinación inicial? ¿Pódese revogar ou é unha natureza inemendable? Neste libro absolutamente anovador, no que se elabora unha concepción teórica senlleira e fundacional, Inma Otero Varela responde cunha argumentación limpa, firme e rigorosa.