Nova recensión sobre O Rei Portador e outras historias, o libro de relatos de Beatriz Fraga. O crítico literario Ramón Nicolás publícaa no seu blogue Caderno da crítica. Incluímos a seguir unha cita desta recensión, que se pode ler íntegra ao calcar co cursor na frase Caderno da crítica.
quen se achegue a este texto [poderá] internarse por historias que latexan talvez nun recuncho poeirento da memoria, pero ás que se lle outorgan unha nova vida chea de forza e intensidade: a do rei mauritano Atlas e a súa maciñeira máxica, a dunha marabillosa torre que explica a existencia de homes e mulleres que cobren o seu rostro con turbantes de cor azul, […] ou a do fermoso e intenso relato titulado «Berenice», centrado na raíña libia de cabelos dourados.