Euseino? Editores publica o nº 3 de Anotacións sobre literatura e filosofía (ISSN 2340-8537), no que incluímos por primeira vez traducións de textos escritos noutras linguas. Desta volta trátase dun ensaio de Michael Marder, filósofo canadense que actualmente é profesor na Universidade do País Vasco.
Cun estilo punzante e suxestivo, Marder expón en “O pulso da fenomenoloxía” a súa concepción dunha filosofía crítica coa que reavivar os latexos dos sistemas de pensamento mortos (sedimentados). Trátase dunha achega ao que o autor de Plant-Thinking: A Philosophy of Vegetal Life denomina fenomenoloxía crítica. Pois esta corrente de pensamento, que marcou gran parte da filosofía do século XX, de Husserl e Heidegger a Derrida, ábrese neste ensaio a unha busca, a da “razón do infrarracional”, que implica o desacougo do eu dividido, a inquedanza que non deixa descansar.
Publicación sen periodicidade fixa, en formato PDF, Anotacións sobre literatura e filosofía pódese descargar de balde.
Para descargar gratuitamente o ensaio de Michael Marder en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:
“O pulso da fenomenoloxía”