Graham Harman, filósofo e profesor na Universidade Americana do Cairo, acaba de publicar no seu blogue “Object-Oriented Philosophy” unha entrada na que se refire ao noso artigo “O xiro especulativo“. Velaquí a ligazón:
Harman é un dos iniciadores da filosofía do realismo especulativo e, máis concretamente, da denominada filosofía orientada aos obxectos, entre as súas obras cómpre salientar Guerrilla Metaphysics: Phenomenology and the Carpentry of Things (2005), The Quadruple Object (2011) e Quentin Meillassoux: Philosophy in the Making (2011).
O autor de The Quadruple Object enuncia os dous principios básicos do seu pensamento filosófico situándoos en
1) as entidades individuais a diferentes escalas (non soamente os minúsculos quarks e electróns) como substancia fundamental do cosmos e
2) as devanditas entidades endexamais se deben esgotar nas súas relacións, sexan estas as que sexan, nin tampouco na suma de todas as súas relacións posibles. Os obxectos considéranse á parte das relacións.
Graham Harman, xunto a Anna Longo e outros pensadores, participou esta semana nun encontro sobre “Novos realismos” celebrado en París e organizado pola École des Hautes Études en Sciences Sociales (véxase máis arriba o cartel desas xornadas). Da profesora Longo, Euseino? Editores acaba de publicar o ensaio “Continxencia e liberdade: unha comparación entre materialismo especulativo e ciencia experimental”, como parte do libro Tempo sen devir, de Quentin Meillassoux.