A editorial Urbanomic, que publica a obra de Quentin Meillassoux en inglés, anuncia na súa Web a edición galega de Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese realizada recentemente por Euseino? Editores. Ubicada en Falmouth (Gran Bretaña), Urbanomic propón no seu catálogo unha reformulación da relación entre filosofía, ciencia e arte. Desde 2006, publica Collapse: Journal of Philosophical Research and Development, que presenta obras e entrevistas en profundidade con artistas e filósofos contemporáneos. A edición inglesa do ensaio de Meillassoux foi realizada en 2015 por Robin Mackay para o volume VIII, “Casino Real”, da antedita revista.
Velaquí a ligazón ao post: