Proximamente, en Euseino? Social

  • Encontro arredor da novela
    O derradeiro gimlet, de Diego Ameixeiras

    4 de novembro, mércores, ás 19 horas, na sede da Fundación Euseino?,
    Rúa de México 37, Vigo.

    O autor ha estar na compaña de Fran Alonso, escritor e director de Edicións Xerais.

    Ao rematar, hase servir no Café Rosa Negra (r/Ecuador 93) un cóctel gimlet ás persoas asistentes.*

    Entrada libre

    *Ata fin de existencias (10 ou 12 cócteles).

    “Un auténtico gimlet é metade xenebra e metade zume de lima Rose, máis nada.” –O longo adeus, Raymond Chandler

    Unha historia na que se amece crime e inmoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con recendo de noir clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.

    Edicións Xerais de Galicia, Narrativa

    176 páxs. 18,50 euros

  • Decálogo da novela, por Diego Ameixeiras

    “Unha teoría do inexplicable” (ligazón con acceso aberto)

    O autor de O derradeiro gimlet escribe sobre o xénero novelístico e a función que ese tipo de ficción exerce na literatura actual. A relación entre realidade fáctica e realidade ficcional, a transmisión do tempo do escritor ao tempo da narración, a responsabilidade de quen escribe e a súa relación cos que o antecederon no xénero e cos que, como persoas lectoras, o seguen en busca desa teoría do inexplicable que é toda novela, son algúns dos asuntos deste decálogo.