Abraham Rubín na Coruña e en Compostela

Na Biblioteca Os Rosales (A Coruña) e na Ánxel Casal (Santiago de Compostela)

Conferencias de Abraham Rubín

Os días 26 e 27 de outubroás 19 horas na Biblioteca dos Rosales da Coruña e ás 19,30 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, respectivamente, o filósofo Abraham Rubín ha dar senllas conferencias dentro do ciclo Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino? en colaboración con bibliotecas públicas galegas. O autor de Corpo-circuítos vai falar de:

Com-partir a fractura. Reflexións sobre a construción de comunidades

“Cremos que toda relación humana está determinada por puntos de unión e vencello co outro, ao tempo que tamén se subliña a súa separación e a súa diferenza. A ontoloxía é a parte da filosofía que pensa que son os seres e por que os seres humanos se acaban por constituír a partir da súa relación entre si, a partir das comunidades. Pois toda relación asume unha certa comunidade á que apela. Unha comunidade comunicativa, de entendemento, baseada nunha obra conxunta, nunha serie de actos. Mais a comunidade non pode, en ningún caso, pecharse en si mesma. Non pode ser orixe de si mesma nin ter unha finalidade última. Polo contrario, sempre se ve ameazada pola súa posíbel disolución. Por iso, para a comunidade quizais o importante sexa compartir aquilo do que ninguén se pode apropiar. Asumir o compartido na procura dunha comunidade que sempre lle abra paso a outra nunca definitiva.”

Máis información nas páxinas web da Biblioteca dos Rosales e da Biblioteca Ánxel Casal.

 

francois-emile_ehrmann-edipo-e-a-esfinxe